Concerto Benéfico por Haití
SANXENXO.ES-13/03/2010
A Asociación de Mulleres en Igualdade de Sanxenxo organiza este sábado, 13 de marzo de 2010, ás 21 horas e no Pazo Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo, un Concerto de Música, a cargo da Sociedade Musical Sanxenxo e a beneficio de Haití.
Os xoves compoñentes da banda municipal interpretarán, durante unha hora e media aproximadamente, diversos temas musicais con nome de muller, en diferentes estilos e baixo a dirección de Rafael Torres e, como novidade, por Milagros Valiño.
Las entradas poderédelas adquirir o mesmo día, por 5 Euros, na billeteira do Pazo e a partir das 19.30 horas.
A vosa aportación, permitiravos acceder e desfrutar do recital e, ao mesmo tempo, colaborar con Haití, xa que o recadado ingresarase na conta de Cruz Vermella Internacional, a favor das vítimas!!
+ INFO:
ASOCIACIÓN DE MULLERES
EN IGUALDADE DE SANXENXO
Tlf. 687 349 534
sanxenxo@igualdade.es
Opiniones
No existen opiniones para este elemento.
Arriba
Opinión
Enviar a un amigo
Volver Atrás