Constituida la Asociación de Mulleres en Igualdade de Burela
COPE.ES-17/12/2012
Con la denominación de Asociación de Mulleres en Igualdade de Burela se constituye en la localidad mariña, el día 20 de septiembre, una organización de naturaleza asociativa y sin ánimo de lucro y con ámbito territorial de acción en toda la provincia de Lugo. La junta directiva está formada por 8 mujeres, donde la presidenta es María del Mar Fraga Fernández.
A ASOCIACIÓN DE MULLERES EN IGUALDADE DE BURELA (BUMEI) está a colaborar activamente con outras entidades do Concello de Burela. Seguen a vivir a súa axenda de forma intensiva, pois ao longo desta semana as integrantes da xunta directiva están a participar no “Curso de autoprotección ante a violencia de xénero” organizado polo Centro de Información á Muller (CIM) do Concello de Burela e, así mesmo, preparan a súa asistencia ao “rastrillo navideño” organizado pola Asociación VAGALUME, que terá lugar os días 15 e 16 na praza de abastos de Burela durante toda a xornada.
Mari Fraga, presidenta de MULLERES EN IGUALDADE DE BURELA agradece ao “Monasterio Valdeflores” de Viveiro, ao “Centro Dietético e Nutrición Alba Vila” e a “Librería Atril” de Burela, así como a todas as persoas que colaboran coa asociación na preparación e celebración do rastrillo a súa solidariedade contribuíndo con doazóns de distintos productos e artículos.
A presidenta engade “animo e convido a todas as persoas veciñas de Burela a participar nas distintas actividades programadas polo tecido asociativo de Burela, xa que todos debemos solidarizarnos na medida das nosas posibilidades e contribuír na mellora da calidade de vida daquelas persoas mais desfavorecidas” e recorda que “calquera persoa se pode por en contacto coas integrantes da xunta directiva tanto para asesorarse sobre temas concretos sobre violencia de xénero e sobre igualdade, como sobre os programas que estamos a pór en marcha de banco de alimentos, roupeiro, banco bebé e banco de maiores ou mesmo para formar parte da asociación”.
Son fins principais da asociación:
a) Conseguir que os dereitos civís recoñecidos pola Constitución de 1978 (art. 9.2) ás mulleres, sexan realmente exercidos como tarefa prioritaria do noso concello.
b) Promover a igualdade de xénero entre as mulleres.
c) Realizar accións de prevención da violencia de xénero dirixidas á poboación en xeral.
d) Desenvolver actividades de información para as mulleres (publicacións, seminarios, folletos, accións audiovisuais, encontros co outras asociacións, etc.) e adaptalas en función da evolución das súas necesidades.
e) Realizar accións de acollemento, información, orientación e asesoramento dirixidas a mulleres con necesidades específicas: inmigrantes, maiores, discapacitadas, etc.
f) Desenvolver campañas e actividades informativas e de sensibilización sobre aspectos de muller.
g) Elaborar campañas socioeducativas baseadas na igualdade e no respecto intercultural dirixidas á xuventude e infancia.
h) Desenvolver actividades de formación e aquelas encamiñadas a promover a plena igualdade entre mulleres e homes
i) Levar a cabo contactos e intercambios con outras entidades que traballen para acadar os mesmos obxectivos.
j) Colaborar con iniciativas ou campañas que promovan a paz, a solidariedade e a cooperación entre persoas e pobos.
k) Fomentar a conciliación da vida laboral e familiar.
Para levar a cabo os seus fins, poderá a asociación organizar as seguintes actividades:
1.Acollemento, información, orientación e asesoramento á muller, así como ao resto de persoas que precisen información sobre igualdade de xénero.
2.Accións de sensibilización e promoción da igualdade entre mulleres e homes.
3.Accións que fomenten a solidariedade e cooperación.
4.Encontros con outras asociacións/entidades que promovan o mesmo fin.
5.Actividades/programas dirixidos a favorecer a conciliación laboral e familiar.
6.Convivencias con outros colectivos/asociacións de mulleres para favorecer as súas habilidades e competencias.
7.Talleres de autoestima e desenvolvemento persoal para mulleres.
8.Calquera outra actividade que respecte e responda ao obxecto da asociación.
A xunta directiva arranca con forza e con moitas ganas de traballar, xa que nestes tres escasos meses de vida da asociación foron capaces de poñer en marcha 4 grandes proxectos: banco de alimentos, roupeiro, banco bebé (xoguetes, roupa ou calquera artigo de puericultura) e banco maiores (axudas técnicas, pañais, ou calquera producto para o coidado das persoas maiores).
A xunta directiva agradece o apoio do Concello de Burela e, por suposto, a todas aquelas mulleres que se están unindo como asociadas, xa que sen o seu apoio voluntario todos estes proxectos carecen de sentido.
Opiniones
No existen opiniones para este elemento.
Arriba
Opinión
Enviar a un amigo
Volver Atrás